Decálogo pola igualdade LGBTIQ+ nos deportes
O 'Observatorio Galego contra a Discriminación por Orientación Sexual e Identidade de Xénero', coordinado pola Consellería de Política Social e Igualdade, e no que están representados diferentes consellerías e departamentos da Xunta, representantes da FEGAMP, universidades, sindicatos ou asociacións traballa dende xuño de 2021 polos cumprimento das súas funcións e os seus obxectivos.
Deste xeito, en febreiro de 2023 elaborou o 'Informe diagnose sobre a situación do colectivo LGBTIQ+ no deporte galego' coa información trasladada polas nosas federacións e que servirá de base para a elaboración de protocolos de actuación para evitar situacións de discriminación no deporte, e para a posta en marcha de accións de sensibilización e visibillización no ámbito deportivo.
Ademais, o 'Decálogo pola igualdade LGBTIQ+ nos deportes', presentado o pasado 15 de maio e dirixido á toda a colectividade do deporte galego, que parte dunha clara premisa: 'Todo tipo de corpos poden facer todo tipo de deportes'.