Convocatorias
04/11/2019

I Xornadas "Di non á violencia de xénero no deporte"

A Secretaría Xeral para o Deporte, da man da Fundación Deporte Galego, e a Secretaría Xeral da Igualdade, organizan as I Xornadas "Di non á violencia de xénero no deporte" dirixidas a clubs, asociacións, federacións, agrupacións deportivas escolares, fundacións deportivas, concellos (responsables de escolas deportivas), técnicos deportivos e alumnos de TAFAD, maxisterio e da Facultade de Ciencias do Deporte e da Actividade Física. Será o vindeiro 7 de novembro no Salón de actos da EGAP en horario de 17:00 a 20:30 horas.

Para participar é necesario enviar o formulario cuberto fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal antes do martes 5 ás 14:00 horas.

Documentos
Programa (119.49Kb)