Convocatorias
15/05/2020

Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta competición de Galicia (Exercicio 2020 – 1ª Fase)

A posta en marcha da XI Edición do Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia (Exercicio 2020 – 1ª Fase) vai dirixida ás entidades galegas que contan con equipos que competiron en modalidades/especialidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta/senior e/ou previa á absoluta onde as xornadas da súa competición se desenvolveron entre 2019 e 2020.