Convocatorias
27/11/2018

Publicado o listado provisional de solicitudes admitidas, con documentación incompleta, fora de prazo e que non cumpren, da Convocatoria de Axudas DGAN 2018

A Fundación Deporte Galego vén de publicar hoxe 27 de novembro no Listado provisional de solicitudes admitidas, con documentación incompleta, fora de prazo e que non cumpren, da Convocatoria de Axudas a Deportistas de Alto Nivel 'Axudas DGAN 2018', que tamén se xunta neste correo.

No caso das solicitudes pendentes de documentación, terán ata o mércores 12 de decembro para poder presentar os documentos requiridos accedendo á Carpeta do Cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (presentación telemática) ou no Rexistro da Fundación Deporte Galego ou mediante correo certificado, nos termos previstos no Real Decreto 1829/1999, de 3 de decembro, que aproba o Regulamento de servizos postais (presentación presencial).