Galería de fotos

Segunda xornada do Foro do Deporte Federado

27/06/2017

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, acompañada dos subdirectores xerais de Plans e Programas, Miguel López e de Xestión Deportiva, María Teresa Lorenzo, recibiu a numerosos representantes das federacións deportivas galegas na segunda xornada do Foro de Deporte Federado ‘Optimizando sinerxías’ onde se compartiron posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado, así como as propostas presentadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, coa fin de aproximar obxectivos dun xeito harmónico e responsable.