Visita obras Complexo Deportivo de Monterrei e Pavillón dos Remedios
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e polo alcalde do Pereiro de Aguiar, Luís Menor, visitou na mañá de hoxe as obras que se están a levar a cabo no Complexo Deportivo de Monterrei e que corresponden á primeira fase da actuación global que se ocupa da construción da zona deportiva.
Tras a súa visita ao Complexo Deportivo de Monterrei, o secretario xeral, acompañado polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez-Jácome, supervisou as obras de remodelación que se están a levar a cabo no Pavillón Polideportivo dos Remedios, iniciadas o pasado 15 de novembro e que son froito dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense.