Galerias de fotos

  • Inauguración Museo do Deporte
    18/10/2018
  • 14/05/2018

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou en Pontevedra os galardoados cos premios Deporte Galego como os mellores referentes para os galegos do mañá. “Os valores que transmitides son asociados con Galicia; os vosos triunfos e as vosas derrotas son seguidos desde Galicia e a vosa traxectoria pasa a formar parte da historia de Galicia”, aseverou.

  • 20/11/2017

    A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, presentou na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia o programa ‘Eu son DGAN’ que axudará aos deportistas galegos e galegas de alto nivel á súa inserción laboral, da man da Fundación ONCE. Así o fixo acompañada da directora rexional de Inserta Empleo e Ilunion Empleo, Menchu Iglesias, e dos deportistas María Bernabéu e Borja Golán, en representación de todos os DGAN.

  • 27/06/2017

    A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, acompañada dos subdirectores xerais de Plans e Programas, Miguel López e de Xestión Deportiva, María Teresa Lorenzo, recibiu a numerosos representantes das federacións deportivas galegas na segunda xornada do Foro de Deporte Federado ‘Optimizando sinerxías’ onde se compartiron posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado, así como as propostas presentadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, coa fin

  • 27/06/2017

    A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou no III Día do Olimpismo Galego, unha xornada na que a Secretaría Xeral para o Deporte recibiu a Placa da Academia Olímpica Española do Comité Olímpico Español de mans do sue presidente e fundador, Conrado Durántez, polo traballo desenvolto en prol do deporte.

  • 12/06/2017

    A devandita Comisión foi presentada na Escola Galega de Administración Pública como unha “comisión que dará resposta ás denuncias e incidentes naquelas competicións deportivas oficiais no ámbito autonómico, provincial, zonal ou local”.

  • 08/06/2017

    Durante o acto de entrega das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia 2017, Feijóo destacou o deporte como un dos maiores instrumentos de integración e cohesión social e referiuse aos galardoados como un orgullo de Galicia.

  • 19/05/2017

    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou o club de baloncesto Amfiv campión da Challenge Cup 2017, unha copa –aseverou- á excelencia, ao orgullo e ao traballo constante desde hai 35 anos.

  • 24/04/2017

    A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, asinou nas principais cidades das catro provincias galeas os convenios de colaboración coas federacións deportivas de Galicia que foron aprobados o pasado xoves no Consello da Xunta e que alcanzan un importe de 3.345.216,20 euros para 58 federacións deportivas de Galicia.

     

  • 20/04/2017

    A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, recibiu aos campións e campioas de España.