INSCRICIÓN DE CLUB DEPORTIVO
A través da sede electrónica da Xunta de Galicia:
Procedemento PR946A - Inscrición no rexistro de entidades deportivas
Documentación
- Solicitude de inscrición: modelo normalizado PR946A
- Razón social: cubrirase coa denominación autorizada polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
- O club debe estar en posesión dun NIF expedido pola AEAT para as persoas xurídicas. No caso de non dispoñer do NIF, deixarase sen cubrir este apartado e actuarase por medio dunha persoa representante, que se identificará e asinará a solicitude na sede electrónica.
- Considérase suficiente a representación pola persoa que figura como presidente/a na acta de constitución que presente a entidade.
- Acta de constitución, asinada por un mínimo de cinco (5) persoas promotoras, físicas ou xurídicas. Na acta debe constar:
- Identificación das persoas promotoras, domicilio e NIF.
- Expresión da vontade de constituír un club e a súa denominación, que terá que coincidir coa sinalada nos estatutos.
- Lugar, data e sinatura das persoas promotoras.
- Identificación das persoas que integran o órgano provisional de representación ou xunta directiva.
- Modelo de acta fundacional (formato odt)
- O prazo para solicitar a inscrición da escritura de constitución será de dous meses desde o seu outorgamento.
- Estatutos asinados por todas as persoas promotoras, e redactados co contido mínimo establecido no artigo 47 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia.
- Modelo de estatutos (formato odt)
- Acta de aprobación dos estatutos, onde conste a data aprobación dos estatutos, asinada polas persoas titulares da presidencia e da secretaría.
- Modelo de acta de aprobación de estatutos (formato odt)
- Relación de membros da xunta directiva. Nome e apelidos, NIF, teléfono e correo electrónico. Debe estar asinado por cada membro para a aceptación expresa do cargo.
- Modelo de aceptación expresa do cargo (formato odt)
- Protocolo aprobado de protección de nenos, nenas e adolescentes (NNA) fronte á violencia no deporte.
- Autorización para a comprobación de datos de identidade das persoas promotoras e dos membros da xunta directiva, no seu caso (anexo II).
- Documento acreditativo da representación, no seu caso.
- No caso de persoas xurídicas promotoras, deben presentar a certificación do acordo do órgano competente para constituír a entidade e da designación da persoa física representante.
- Xustificante do pago da taxa (código 30.02.00). O pagamento da taxa poderá realizarse:
- En liña, durante a tramitación do procedemento PR946A.
- En calquera das oficinas bancarias habilitadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, coa presentación do documento de pago correspondente, ou ben a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia (Oficina Virtual Tributaria: acceso directo a iniciar taxa). Neste caso, deberá cubrirse cos códigos que se indican a continuación e achegar o xustificante de pago coa solicitude PR946A.
Códigos das taxas
- Consellería
- Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: 04
- Delegación
- Para as entidades con domicilio social na Coruña: 10
- Para as entidades con domicilio social en Lugo: 20
- Para as entidades con domicilio social en Ourense: 30
- Para as entidades con domicilio social en Pontevedra: 40
- Servizo
- Secretaría Xeral para o Deporte: 06
- Taxa
- Inscrición no rexistro: código 30.02.00. Importe: 10,47 euros
*Tarifas de taxas vixentes segundo a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de cada ano.
Envío da solicitude de inscrición
A solicitude de inscrición (PR946A) debe dirixirse a:
- Consellería: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
- Entidades con domicilio social na Coruña: A12033314 - Servizo de Deporte da Coruña
- Entidades con domicilio social en Lugo: A12X01853 - Servizo de Deporte de Lugo
- Entidades con domicilio social en Ourense: A12X01854 - Servizo de Deporte de Ourense
- Entidades con domicilio social en Pontevedra: A12033319 - Servizo de Deporte de Pontevedra