INSCRICIÓN DE ENTIDADE MERCANTIL

A través da sede electrónica da Xunta de Galicia:

Procedemento PR946A - Inscrición no rexistro de entidades deportivas

Documentación 

  • Certificación do Rexistro Mercantil.
  • Copia da escritura de constitución e dos seus estatutos.
  • Composición do órgano de dirección da entidade mercantil: nome e apelidos, NIF, teléfono e correo electrónico. Debe estar asinado por cada membro para a aceptación expresa do cargo.
  • Autorización para a comprobación dos datos (anexo II).
  • Documento acreditativo da representación, no seu caso
  • Xustificante do pago da taxa (código 30.02.00). O pagamento da taxa poderá realizarse:
    • Na sede electrónica, como un dos pasos da tramitación en línea no procedemento PR946A.
    • En calquera das oficinas bancarias habilitadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, coa presentación do documento de pago correspondente, ou ben a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia (Oficina Virtual Tributaria: acceso directo a iniciar taxa). Neste caso, deberá cubrirse cos códigos que se indican a continuación e achegar o xustificante de pago coa solicitude PR946A.

Códigos das taxas

  • Consellería 
    • Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: 04
  • Delegación
    • Para as entidades con domicilio social en A Coruña: 10
    • Para as entidades con domicilio social en Lugo: 20
    • Para as entidades con domicilio social en Ourense: 30
    • Para as entidades con domicilio social en Pontevedra: 40
  • Servizo 
    • Secretaría Xeral para o Deporte: 06
  • Taxa
    • Inscrición no rexistro: código 30.02.00. Importe: 10,47 euros

*Tarifas de taxas vixentes segundo a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de cada ano.

Envío da solicitude de inscrición

A solicitude de inscrición (PR946A) debe dirixirse a: 

  • Consellería: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes 
  • Entidades con domicilio social na Coruña: A12033314 - Servizo de Deporte da Coruña 
  • Entidades con domicilio social en Lugo: A12X01853 - Servizo de Deporte de Lugo 
  • Entidades con domicilio social en Ourense: A12X01854 - Servizo de Deporte de Ourense 
  • Entidades con domicilio social en Pontevedra: A12033319 - Servizo de Deporte de Pontevedra