INSCRICIÓN DA MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS
A través da sede electrónica da Xunta de Galicia:
Procedemento PR946A - Inscrición no rexistro de entidades deportivas
Documentación
- Versión íntegra dos novos estatutos da entidade asinados e en versión editable para a súa revisión e aprobación pola consellería.
- Acta ou certificación do acordo de aprobación do novo texto estatutario. De acordo co artigo 20.2 do Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, o prazo para solicitar ante o rexistro a inscrición da escritura de constitución e da escritura de modificación de estatutos será de dous meses desde o seu outorgamento.
- Modelo de certificación (formato odt)
- Documentación acreditativa da inscrición da modificación estatutaria noutros rexistros cando sexa preceptiva.
- Documento acreditativo da representación, no seu caso.
- Xustificante do pago da taxa (código 30.02.00). O pagamento da taxa poderá realizarse:
- Na sede electrónica, como un dos pasos da tramitación en liña no procedemento PR946A.
- En calquera das oficinas bancarias habilitadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, coa presentación do documento de pago correspondente, ou ben a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia (Oficina Virtual Tributaria: acceso directo a iniciar taxa). Neste caso, deberá cubrirse cos códigos que se indican a continuación e achegar o xustificante de pago coa solicitude PR946A.
Códigos das taxas
- Consellería
- Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: 04
- Delegación
- Para as entidades con domicilio social na Coruña: 10
- Para as entidades con domicilio social en Lugo: 20
- Para as entidades con domicilio social en Ourense: 30
- Para as entidades con domicilio social en Pontevedra: 40
- Para as federacións deportivas: Servizos centrais: 13
- Servizo
- Secretaría Xeral para o Deporte: 06
- Taxa
- Código: 30.02.00. Importe: 5,28 euros
*Tarifas de taxas vixentes segundo a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de cada ano.
Envío da solicitude de inscrición
A solicitude de inscrición (PR946A) debe dirixirse a:
- Consellería: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
- Entidades con domicilio social na Coruña: A12033314 - Servizo de Deporte da Coruña
- Entidades con domicilio social en Lugo: A12X01853 - Servizo de Deporte de Lugo
- Entidades con domicilio social en Ourense: A12X01854 - Servizo de Deporte de Ourense
- Entidades con domicilio social en Pontevedra: A12033319 - Servizo de Deporte de Pontevedra
- Federacións: A12024281 - Secretaría Xeral para o Deporte