INSCRICIÓN DA MODIFICACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA OU ÓRGANO DE XESTIÓN

A través da sede electrónica da Xunta de Galicia:

Procedemento PR946A - Inscrición no rexistro de entidades deportivas

Documentación 

  • Acta ou certificación do acordo de nomeamento que contén a aceptación expresa dos/das titulares entrantes e a conformidade dos/das titulares saíntes.
  • Autorización para a comprobación dos datos de identidade das persoas titulares da xunta directiva ou do órgano de xestión (anexo II).
  • Certificación do correspondente rexistro por defunción ou extinción da personalidade xurídica, no seu caso.
  • Testemuño da correspondente resolución xudicial ou administrativa, no seu caso.
  • Documento acreditativo da representación, no seu caso

Envío da solicitude de inscrición

A solicitude de inscrición (PR946A) debe dirixirse a: 

  • Consellería: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes 
  • Entidades con domicilio social na Coruña: A12033314 - Servizo de Deporte da Coruña 
  • Entidades con domicilio social en Lugo: A12X01853 - Servizo de Deporte de Lugo 
  • Entidades con domicilio social en Ourense: A12X01854 - Servizo de Deporte de Ourense 
  • Entidades con domicilio social en Pontevedra: A12033319 - Servizo de Deporte de Pontevedra 
  • Federacións: A12024281 - Secretaría Xeral para o Deporte