INSCRICIÓN NO REXISTRO DE ENTIDADES DEPORTIVAS DE GALICIA
O Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia (en diante, Redega) ten por finalidade a inscrición das entidades deportivas reguladas na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, así como dos actos e datos relativos a estas, nos termos establecidos na lei.
O acceso ao Redega require da tramitación dun procedemento administrativo dirixido, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, aos seus servizos provinciais de Deporte, agás as federacións deportivas galegas, que se tramitarán nos servizos centrais da Secretaría Xeral para o Deporte.
Antes da primeira inscrición
Deberá obterse do Redega unha certificación acreditativa de que non figura inscrita outra entidade coa mesma denominación que a que se pretende constituír (segundo o art.70.2 da lei 3/2012, as denominacións das entidades deportivas galegas non poderán incluír ningún termo relativo a outro tipo de entidade diferente que poida inducir a error ou confusión, nin utilizar unha denominación igual ou similar á doutra entidade rexistrada).
Como pode solicitar a certificación negativa de denominación? A través da sede electrónica da Xunta de Galicia, na seguinte ligazón.
Documentación
- Solicitude de certificación negativa de denominación e denominación coa que se pretende inscribir a entidade deportiva
- Modelo de certificación negativa (formato odt)
- Xustificante de pago da taxa (código da taxa 30.04.01)
O pagamento das taxas poderase realizar, previa presentación do documento de pago correspondente, en calquera das oficinas bancarias habilitadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, ou ben a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia: acceso directo a iniciar taxa
Códigos das taxas
- Consellería
- Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: 04
- Delegación
- Para as entidades con domicilio social na Coruña: 10
- Para as entidades con domicilio social en Lugo: 20
- Para as entidades con domicilio social en Ourense: 30
- Para as entidades con domicilio social en Pontevedra: 40
- Para as federacións, independentemente do domicilio: Servizos centrais: 13
- Servizo
- Secretaría Xeral para o Deporte: 06
- Taxa
- Certificados: 30.04.01. Importe: 3,21 euros
*Tarifas de taxas vixentes segundo a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de cada ano.