INSCRICIÓN DE SECCIÓN DEPORTIVA

A través da sede electrónica da Xunta de Galicia:

Procedemento PR946A - Inscrición no rexistro de entidades deportivas

Documentación 

  • Solicitude de inscrición: modelo normalizado PR946A
  • Autorización expresa da persoa representante da entidade e declaración de que o fin ou obxecto social principal da devandita entidade non sexa deportivo.
  • Acta de constitución debidamente formalizada, ou certificación do acordo do órgano de goberno que manifeste a súa intención de crear unha sección deportiva.
  • Estatutos ou normas reguladoras.
  • Acta ou certificado do acordo de aprobación dos estatutos.
    • Nota aclaratoria para asociacións: débese especificar que o ámbito de actuación da sección é, en todo caso, o da Comunidade Autónoma de Galicia, polo que, se é necesario, deberán modificar os estatutos da entidade no Rexistro de Asociacións e achegar unha copia visada polo devandito Rexistro.
    • Exemplo:
    • Artigo xx 
    • Sección Deportiva - Constitúese unha sección deportiva, que cumprirá os requisitos establecidos na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento. O ámbito da sección deportiva será autonómico.
  • Identificación das persoas que compoñen o órgano directivo da sección deportiva: nome e apelidos, NIF, teléfono e correo electrónico, coa sinatura de todas elas.
  • Protocolo aprobado de protección de nenos, nenas e adolescentes (NNA) fronte á violencia no deporte. 
  • Autorización para a comprobación de datos (anexo II). 
  • Documento acreditativo da representación
  • Xustificante do pago da taxa (código 30.02.00). O pagamento da taxa poderá realizarse:
    • Na sede electrónica, como un dos pasos da tramitación en liña no procedemento PR946A.
    • En calquera das oficinas bancarias habilitadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública, coa presentación do documento de pago correspondente, ou ben a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia (Oficina Virtual Tributaria: acceso directo a iniciar taxa). Neste caso, deberá cubrirse cos códigos que se indican a continuación e achegar o xustificante de pago coa solicitude PR946A.

Códigos das taxas

  • Consellería 
    • Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: 04
  • Delegación
    • Para as entidades con domicilio social na Coruña: 10
    • Para as entidades con domicilio social en Lugo: 20
    • Para as entidades con domicilio social en Ourense: 30
    • Para as entidades con domicilio social en Pontevedra: 40
  • Servizo
    • Secretaría Xeral para o Deporte: 06
  • Taxa
    • Inscrición no rexistro: código 30.02.00. Importe: 10,47 euros

*Tarifas de taxas vixentes segundo a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia de cada ano.

Envío da solicitude de inscrición

A solicitude de inscrición (PR946A) debe dirixirse a: 

  • Consellería: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes 
  • Entidades con domicilio social na Coruña: A12033314 - Servizo de Deporte da Coruña 
  • Entidades con domicilio social en Lugo: A12X01853 - Servizo de Deporte de Lugo 
  • Entidades con domicilio social en Ourense: A12X01854 - Servizo de Deporte de Ourense 
  • Entidades con domicilio social en Pontevedra: A12033319 - Servizo de Deporte de Pontevedra