Nova
03/02/2020
Institucionais

JORGE CASALES PODIO NO MUNDIAL DE X-TRIAL

O piloto vigués foi terceiro na proba barcelonesa derrotando en semifinais ao francés Benoit Bincaz. Empeza forte o galego a tempada 2020. Seguro que este resultado daralle ánimos para as seguintes probas de xtrial e sobre todo para o Cto. do Mundo outdoor.

 

Despois de superar a Busto por un só punto na clasificación, clasificábase segundo do seu grupo, posto que que lle daba un lugar en semifinais. Así que era o vigués o que lograba o terceiro posto do podio ao superar ao francés Benoît Bincaz na segunda zona de desempate tras igualar ambos os a cinco puntos na primeira. Na segunda, o francés cometeu dúas faltas de pé e Casales superouna limpamente. "Esta tempada todo é novo e, por este motivo, o podio de ten moito máis valor á marxe de ser o primeiro da miña carreira deportiva na especialidade. Ademais, Barcelona é como a miña segunda casa e foi xenial subirme ao caixón aquí", dixo o vigués.

Ligazóns