Nova
28/11/2022
Federativas

Gonzalo González campión do Internacional MT700 – Murcia

Gonzalo González González, xogador do Club Deportivo D10, proclamouse campión +55 do Torneo Internacional Senior MT700 - Murcia, en La Manga Club.

O lucense estivo inmellorable durante todo o torneo. Eliminou a Andrew Hibell (GBR) 6-0 6-0, Laurent Violette (FRA) 6-1 6-0, a Jan Hedman (SWE) 6-3 7-5, a Patrik Ronneke (SWE) 6-1 6-3 nas semifinais e por último venceu a Jorge Tagliaferro (ESP) cun rotundo 6-1 6-0.

Outro galego, Eduardo Serrano Narvaez do Club de Tenis Coruña eliminou en cuartos ao francés Eric Le Ven por 6-7(0) 6-1 7-5 e despois caeu nas semifinais da proba +45 masculina ante Óscar Soriano Díaz cun resultado de 1-6 6-4 1-6.