Nova
08/08/2023
Federativas

Jessica Bouzas cae nas semifinais do W60 Hechingen

Jessica Bouzas logrou un gran resultado no Torneo Internacional de Hechingen W60 Feminino, Boso Ladies Open Hechingen, chegando ás semifinais.

Jessica eliminou a Evialina Laskevich (BLR) na primeira rolda cun resultado de 6-4 6-3, en oitavos de final desfíxose con facilidade da xaponesa Nagi Hanatani 6-0 6-2 e en cuartos gañou 6- 4 6-1 á alemá Julia Middendorf.

Nas semifinais perdeu ante a xogadora eslovena Ziva Falkner, o resultado 2-6 6-3 7-5.