Nova
03/06/2024
Federativas
De la Puente campión de individuais e dobres do Open International de Royan en Francia
Gran semana para Martín De la Puente, que logrou vencer ao arxentino Gustavo Fernández e facerse co título de campión do Open International de Royan. En dobres tamén logrou ser campión co seu compañeiro de selección Daniel Caverzaschi.
Na proba individual, gañou a Shunjiang Dong (CHN) 6-4 6-3, a Casey Ratzlaff (USA) 6-0 4-6 6-4, aTakuya Miki (JPN) 6-2 4-6 6-0 e por último na final a Gustavo Fernández (ARG) 7-6 (4) 6-3.
Na categoría de dobres, Martín xunto con Daniel Caverzaschi derrotaron na final aos favoritos Tom Egberink (NED) / Maikel Scheffers (NED).