Nova
03/06/2026
Federativas

Gonzalo González González, campión do MT1000 de Bournemouth en +60

O tenista lucense Gonzalo González González proclamouse campión da categoría +60 do torneo internacional MT1000 Bournemouth, disputado do 22 ao 31 de maio de 2026.

Gonzalo realizou unha actuación excepcional, dominando o torneo de principio a fin e sen perder nin un só set. O seu camiño cara ao título estivo marcado por vitorias decisivas contra opoñentes británicos e holandeses.

Na segunda rolda derrotou ao británico Tony Davies por 6-0 e 6-2. Na terceira rolda venceu a Andrew Elliott por 6-0 e 6-1. Nos cuartos de final, derrotou a Graham Neale por 6-0 e 6-2.

Nas semifinais mantivo o seu alto nivel para vencer a Chris Clarke por 6-2 e 6-0, chegando á final cunha traxectoria impecable.

No partido decisivo enfrontouse ao holandés Paul De Haan, a quen derrotou por 6-2 e 6-4 para levantar o trofeo e confirmar unha semana extraordinaria nas pistas de Bournemouth.

Con esta vitoria, Gonzalo suma outro éxito internacional á súa carreira no circuíto de veteranos, demostrando unha excelente forma e un nivel competitivo moi alto.