Nova
07/06/2021
Federativas

49º Campionato de España de Veteran@s 2021

Publicamos os resultados dos/as xogadores/as galegos/as no 49o Campionato de España de Veteran@s 2021, celebrado no Club de Tenis Llafranc, en Girona.

Destacamos os resultados de:

  • Roberto Rodríguez Vázquez, semifinais do cadro +40 e campión de dobres +40.
  • María Sicre Romero, campioa do cadro de consolación +45.
  • Bruno Otero Afonso, semifinais do cadro +60, semifinais do cadro de dobres +55 con Fernando Pablos Benavides e cuartos de final da proba de dobres +60 con Manuel Maceiras Barallobre.

Resultados nas probas individuais:

  • Rodrigo Figueroa Vázquez tras pasar exento a primeira rolda do cadro de veteranos +30, foi eliminado en cuartos de final contra Hugo Palomar Castello 6-3 4-6 6-4.
  • No cadro de +40, Roberto Rodríguez Vázquez comezou cabeza de serie número 3, gañou con facilidade seu primeiro encontro na segunda rolda contra Sergio Sesa Priego por 6-1 6-1 e nos cuartos de final gañou a A. López Morales cun marcador de 6-3 6-0. Logo nas semifinais non conseguiu gañar a Darío Pérez por 6-2 6-3.
  • María Sicre Romero, partiu de cabeza de serie número 3 no cadro +45 e pasou a primeira rolda exenta, en cuartos de final non conseguiu gañar ao C. Menaro Posada. No cadro de consolación +45, María logrou o título de campioa, superando a Sabina Aznar Blanes cun dobre 6-1 e a Pilar Collado Baillo por 7-6 (2) 6-4.
  • Ana M. Glez. Llanos Fdez. De Mesa superou a primeira rolda eliminando a Olga Figueras Renom por 4-6 (3) 6-1, pero logo caeu ante a número 1 L. Almirall Garbayo por 6-0 6-1.
  • Na proba de +55 enfrontáronse dous xogadores galegos nos oitavos de final, Serafín Alonso Baña e Fernando Pablos Benavides. Dunha banda, Serafín superou a primeira rolda gañando a A. Oleano Carreras por 6-7 (5) 6-4 6-3 e na segunda rolda a I. Gorospe Egaña por 7-6 (4) 6-3. Doutra banda, Fernando comezou a súa participación na segunda rolda superando a A. Concepción Acosta por 3-6 6-2 7-6 (5). O pase a cuartos de final obtívoo Fernando superando a Serafín por 6-1 6-3, pero logo foi eliminado por V. Sanz García por 6-1 6-0.
  • En +60 tiñamos tres representantes, Marcelino Villar Gantes, José Vales Ponte e Bruno Otero Afonso. Marcelino e José foron eliminados na primeira rolda e Bruno conseguiu chegar a semifinais, gañando a L. Carrascón Aznar por 6-1 6-2, a L. Gironella Perello por 6-2 por 6-3, a J. Cumellas Hugas por 6-3 por 6-2 e finalmente a J. Arrese Castañe 6-2 6-0. En semifinais non conseguiu gañar a J Molina Ramos, xogador que na final da proba logrou o título de campión.
  • A proba con máis representantes galegos foi a masculina +65. Non conseguiron superar a primeira rolda deste cadro, Jesús Botas Piñón e José Mosquera Casero, este último logrou chegar aos cuartos de final na proba de consolación, superando a P. Muñoz Fuentes por 6-1 4-6 [10-5]. Nilo Pérez Calo retirouse no seu partido de segunda rolda contra J. Gil Gómez Lobo 1-6 3-0 ret. José Deus Brage tras vencer por 7-5 a J. Riera Mendoza por 6-0 non puido superar a outro galego Manuel Maceiras Barallobre. José L. Padín Núñez gañou a Helios Marti Balleste cun dobre 6-3 e a B. Velasco García 6-3 6-0, na segunda rolda non conseguiu gañar a R. López Rojo, o resultado mostra a dificultade deste encontro 4- 6 7-6 (5) [10-6]. O mellor resultado dos nosos xogadores neste cadro acadouno Manuel Maceiras Barallobre, chegando aos cuartos de final. Manuel endosoulle un dobre 6-1 a M. Vicente Castro na primeira rolda, na segunda eliminou a José Deus 6-4 6-3 e despois gañou a Gil Gómez Lobo por 6-3 6-0. Nos cuartos non puido con R. López Rojo 7-6 (2) 6-4.
  • Alicia Mabel García participou na proba de +65 pero non clasificou na fase de round round.
  • Antonio Cuña Movilla logrou un posto nos cuartos de final do cadro +75 ao superar a L. González Prado por 6-1 e 6-3. R. Losada Galán, subcampión da proba, eliminouno por 6-3 6-1.
  • A +80, Manuel Méndez Novoa non conseguiu superar o seu primeiro partido contra José Altisen Sementre por 6-1 6-0.

Resultados nas probas de dobres:

  • Roberto Rodríguez Vázquez acadou o título de campión de dobres +40 formando parella con F. Montes González, despois de vencer na final a Albert Moreno-Arrones Brunet / Sergio Sesa Priego cun gran resultado de 6-0 6-1.
  • María Sicre Romero e Ana M. Glez. Llanos Fdez. De Mesa perderon nas semifinais do cadro de parellas femininas +45 contra Cristina Valera Muñoz-Vargas e Marga Valera Muñoz-Vargas por 6-2 6-1.
  • Ana M. Glez. Llanos Fdez. De Mesa e Teresa Díaz-Casteleiro Romero non conseguiron superar a Sandra Fernandez Brigolle e Isabel Semelas Ledesma nos cuartos de final do cadro de dobres +50.
  • Bo resultado para Bruno Otero Afonso e Fernando Pablos Benavides na proba de dobres +55. Chegaron ás semifinais superando a Enrique Roig Genis / Antoni Rovira Monjo cun dobre 6-3. A seguinte rolda non a xogaron por WO dos seus rivais e logo non puideron cos cabeza de serie número 2, M. Blanch Casper / J. Ventura Saborido.
  • Alicia Mabel García e Teresa Díaz-Casteleiro Romero participaron no cadro de parellas femininas +55, perdendo en cuartos de final contra Pili Costa Mabras / Karina Herms Fonquerni.
  • Dúas parellas galegas xogaron os dobres +60. Por unha banda, Jose M. Vales Ponte e Marcelino Villar Gantes que non conseguiron o pase á segunda rolda e pola outra, Manuel Maceiras Barallobre e Bruno Otero Afonso que lograron chegar aos cuartos gañando Xavier Gusi Ballester / A. Martínez Heredia 6- 6-2.
  • Nos dobres masculinos +65, como no cadro individual, alta participación dos galegos. José Mosquera Casero, xunto a Luis Mérida Vázquez, perdeu na segunda rolda ante José Comas Sole / Alfredo Valero Capilla 3-6 6-3 [10-2]. Nos cuartos de final, Nilo R. Pérez Calo formando equipo con Luis Soler Echevarría non puido superar a Javier Gil Gómez-Lobo / Víctor Román Molina por 3-6 6-2 [10-4]. Jesús Botas Piñón e José Deus Brage estiveron ás portas das semis, perdendo en cuartos de final contra L. Flor De La Morena / J. Lazcano Hernández por 7-5 6-4. E, finalmente, Manuel Maceiras Barallobre, en parella con I. Berdascas, tivo que deixar o cuadro nos cuartos de final.