Nova
05/06/2019
Federativas

Aberto o prazo de matrícula para o CAD Peleteiro - Federación Galega de Baloncesto

O Centro de Actividades Deportivas (CAD) Manuel Peleteiro - Federación Galega de Baloncesto é xa unha realidade constatada e, tras un completo e satisfactorio primeiro ano de actividade, ofrece a posibilidade de matrícula de cara ao vindeiro curso. Este proxecto formativo, froito da colaboración e traballo en común de Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro, acometerá unha nova temporada dunha iniciativa que naceu co obxectivo de permitir ao adestrador galego obter, a curto prazo, as titulacións oficiais.

Nesta liña, e de cara á vindeira temporada, a Federación Galega de Baloncesto e o Colexio Manuel Peleteiro presentan as propostas de Ciclo Inicial e Ciclo final, das que se poden consultar xa nas seguintes ligazóns toda a información pertinente e realizar a prematrícula.

Información Ciclo Inicial

Información Ciclo Final

CICLO INICIAL: Prematrícula

CICLO FINAL: Prematrícula