Nova
29/06/2022
Federativas

Actualizamos os resultados de Andrés Pereiro na Summer Cup coa Selección Nacional

O lucense Andrés Pereiro López formou parte da selección sub-14 que representou a España na Summer Cup 2022.

Completaron o equipo o barcelonés Valentín González-Galiño e o toledano Maxi Carrascosa, con Nicolás Pérez Durán como capitán.

Na fase de grupos desta competición, celebrada no Club de Tenis Valencia, a selección sub-14 non logrou a clasificación para a fase final, pero conseguiron ser campións de consolación.

O grupo D no que se estivo España o completaron os equipos de Andorra, Croacia, Grecia, Irlanda, Luxemburgo, Noruega, Rumanía, Eslovenia e Suecia.

Estes foron os resultados de España: 

No primeiro encontro, España perdeu ante Rumanía por 2-1.

  • Andrés Pereiro perdeu ante Cezar Stefan Bentzel 6-1 6-4
  • Valentín González-Galino gañou a Yannick Theodor Alexandrescou 6-2 6-4
  • No dobres, Andrés e Valentín non lograron superar a Cezar Stefan Bentzel e Sergiu Urzica 6-3 3-6 17-15

Na consolación conseguiron ser campións, vencendo a Luxemburgo por 3-0 e a Grecia por 2-1 na final.

Resultados consolación España – Luxemburgo:

  • Maxi Carrascosa – Maxime Rodesch 6-0 6-3
  • Valentín González-Galino – Olaf Zielinski 6-0 6-0
  • Maxi Carrascosa / Andres Pereiro – Tim Gilniat / Olaf Zielinski 5-4 4-1

Resultados consolación España – Grecia:

  • Maxi Carrascosa – Odysseas Geladaris 6-2 3-6 3-6
  • Valentín González-Galino – Andreas Messis 1-6 6-4 6-4
  • Valentín González-Galino / Andrés Pereiro – Andreas Messis / Alkis Michalakopoulos 4-2 4-0