Nova
12/07/2023
Federativas
Álvaro Illobre campión do XII Open de la Rioja- LIGA MAPFRE
Do 6 ao 9 de xullo celebrouse no CDM Las Norias de Logroño o XII Open de la Rioja- LIGA MAPFRE no que o xogador galego Álvaro Illobre se proclamou campión de individuais e dobres.
No cadro individual, Álvaro gañou na primeira volta a Raúl Moreno 6-2 6-2, en cuartos gañou a Rubén Valle 6-0 6-2, en semifinais a Jorge Iglesias 6-2 6-2 e na final venceu a Juanjo Rodríguez por 3-6 6-4 6-3.
No cadro de dobres, formando parella con Javi Sánchez, venceron en cuartos a Majuelo e García por un rotundo 6-0 6-0, nas semifinais conseguiron vencer á parella formada por Iglesias e Marcen por 4-6 6-4 10-6 e na final venceron a Coronado e Rodríguez, número 1 do cadro de dobres por 3-6 6-2 15-13.
Parabéns polos resultados Álvaro!