Nova
30/04/2019
Federativas

Andrés Freire Campión de Galicia Absoluto por cuarta vez

O Golf Ría de Vigo foi o anfitrión este ano do Campionato de Galicia Individual Masculino Absoluto e 2ª Categoría celebrado do 26 ao 28 de abril e no que venceu por cuarta vez o xogador do R.C.G. A Coruña, Andrés Freire Segrelles.

O Golf Ría de Vigo foi o anfitrión este ano do Campionato de Galicia Individual Masculino Absoluto e 2ª Categoría celebrado do 26 ao 28 de abril e no que venceu por cuarta vez o xogador do R.C.G. A Coruña, Andrés Freire Segrelles.

A competición máis importante da tempada en Galicia estableceuse como Puntuable para o Ránking Mundial o que atraeu a moitos xogadores, tanto galegos como doutras federacións, e aumentou o nivel dos participantes con ata 7 xogadores hándicap +

Na primeira xornada, disputada cunha perfecta meteoroloxía para o xogo, destacáronse Andrés Freire Segrelles (Campión Absoluto de Galicia en 2011, 2013 e 2018) e Alberto Domínguez Avila, do Sherry Golf de Xerez, con 3 baixo par. A só un golpe clasificábase en terceira posición o xogador local, Adrián Martínez Branco, Campión Absoluto de Galicia en 2012 e un dos favoritos para aspirar ao triunfo. Xa en cuarta posición con 73 golpes, empataban tres xogadores, José Manuel Pardo Benítez, do C.G. Aranxuez, Antón Vázquez Muiños, do R.C.G. A Coruña e Campión Absoluto de Galicia en 2010, e Antonio Medrano Caneda, do R.C.G. La Toja. En canto á clasificación de 2ª Categoría destacar os espectaculares resultados do xogador local, Ignacio García Vázquez, que conseguía asinar unha gran volta de 74 golpes (2 sobre par) e do xogador do R.C.G. La Coruña, Santiago Ulloa Ayora que acababa con 75 golpes.

Na segunda volta, tras a cal se efectuaría un corte que pasarían os 60 primeiros clasificados, non houbo moitas sorpresas, Andrés  Freire con 2 abaixo continuaría á cabeza da clasificación cun total de -5. Adrián Martínez pola súa banda, asinaría 71 golpes para finalizar esta volta na segunda posición da xeral a dous golpes de líder. Xa no terceiro posto situábase José Manuel Pardo, grazas aos seus 71 golpes desta segunda xornada para un total de 144. Alberto Domínguez, con 76 golpes na segunda rolda, descendería ao cuarto posto da clasificación xeral.

A terceira e última xornada de competición viuse un pouco deslucida pola non comparecencia do segundo clasificado Adrián Martínez que, con motivo das Eleccións Nacionais, tivo que acudir á mesa electoral perdendo a posibilidade de disputarse a vitoria co seu compañeiro e amigo Andrés Freire. Así as cousas, Freire con 5 e 6 golpes de vantaxe sobre os seus inmediatos competidores, non deu tregua e con 2 baixo par nesta última rolda proclamouse por cuarta vez Campión Absoluto de Galicia cun total de 7 baixo par (209 golpes). En segunda posición, e a once golpes do gañador, clasificaríase finalmente o xogador do C.G. Aranxuez, Xullo Moreno Mendoza cuns parciais de 75/74/71. E xa no terceiro posto José Manuel Pardo Benítez finalizaría con 221 golpes.

En segunda categoría vencería finalmente Ignacio García Vázquez con 239 golpes, seguido de Alejandro Fernández Comesaña, do C.G. Chan do Fento, con 241 e unha estupenda terceira volta de 74 golpes. O premio ao terceiro clasificado nesta categoría sería para Ignacio Pumar Canario, do C.G. Chan do Fento, con 245 golpes brutos.

Na clasificación hándicap os premiados serían o xogador local David Figueiro Garrido, con 211 golpes netos, e Santiago Mielgo de Luque, do R.A.C. Vigo, con 212 golpes netos.

A entrega de premios estivo presidida polo Presidente da F.G.G., Mario Covelo, o Delegado de Cabaleiros da F.G.G., Rafael Leis, o xerente do Golf Ría de Vigo, Ricardo Cernuda, e os árbitros da proba, Juan Encinar e Carlos Drake. Durante a mesma e tras a entrega do premio ao Campión, Andrés Freire, este ofreceu un discurso no que dedicou o trofeo á súa familia, noiva e equipo de traballo e anunciou o seu próximo paso á categoría de Profesional. Unha nova etapa para este gran xogador e para a que lle desexamos toda sorte de éxitos.

Documentos
Clasificacións (53.24Kb)