Nova
04/12/2020
Federativas
Andrés Pereiro campión do Master Rafa Nadal Tour
Andrés Pereiro López proclamouse campión sub 12 do Master do Circuíto Rafa Nadal Tour en Mallorca.
O lucense non cedeu nin un só set en todo o torneo, no seu primeiro encontro gañou 61 62 a Maxi Carrascosa Díaz, a continuación nas semifinais impúxose con idéntico resultado a Valentín González-Galiño Ortuño.
Na final, Andrés endosoulle un 60 63 ao cabeza de serie número 1 do torneo, Manuel Paez Muñoz.
Moitas felicidades Andrés por este gran resultado!