Andrés Pereiro de xira en Santo Domingo
Andrés Pereiro continúa a súa xira pola República Dominicana, Andrés esta xogando a Copa Ruiseñor do J60 Santo Domingo, que se celebra do 10 ao 15 de abril.
Na primeira volta Andrés gañou a Alexander Farias (EEUU) por 6-3 3-6 3-6, na segunda rolda perdeu contra o colombiano César Mahecha 0-6 4-6.
No cadro de dobres xogando de parella co dominicano Enmanuel Muñoz perderon na segunda volta contra os colombianos César Mahecha e Juan Esteban Trujillo por 6-7 2-6
Andrés disputou a pasada semana a Copa Colibrí do J60 Santo Domingo. Andrés quedou fóra tras perder na segunda volta ante o estadounidense Maximus Dussalut por 2-6 1-6, despois de gañar na primeira volta ao dominicano Yeremi Nicolas Capellan Hernández por 6-0 6-1.
No cadro de dobres, en parella con Elijah Max Calaquian (EEUU), perderon na primeira volta contra os dominicanos Jossting Cruz e Giancarlo Rosario por 5-7 4-6