Nova
17/10/2020
Federativas

Andrés Pereiro López subcampión do Torneo Rafa Nadal de Valencia

Gran éxito do lucense Andrés Pereiro López, proclamouse subcampión do Torneo Rafa Nadal de Valencia, celebrado no Club Español de Tenis do 10 ao 18 de outubro.
 

Andrés, que partiu de cabeza de serie número 8, impúxose a Matías Anchoriz en segunda rolda cun resultado de 63 61. Nos oitavos gañou 63 64 no seu encontro contra Fermín Barcala López.

Nos cuartos, Andrés impúxose ao cabeza de serie número 2, Enrique Carrascosa Díaz, nun intenso partido no que tivo que remontar un primeiro set en contra 36 63 75. A continuación, nas semifinais, de novo conseguiu darlle a volta ao partido gañando a Maxi Carrascosa Díaz 36 76(5) 63 e conseguindo así praza na final, na que se enfrontou a Tito Chavez Gladkova. Esta vez non puido ser, cedeu ante o xogador do Club Sánchez-Casal, pero é un magnífico resultado e dámoslle a noraboa.

A continuación, informamos sobre os resultados dos xogadores/as galegos/as que participaron neste torneo:

  • Naiara Martínez Quintana, no cadro alevín feminino, gañou a Jordan Jul Alonso Dippenaar 76(4) 26 63 en primeira rolda e en segunda non logrou vencer a Carla Vázquez Alcudia 62 62.
  • O infantil Izan Díaz Estévez superou a primeira rolda gañando 62 75 a Mario Arce Fernández 62 75, pero en segunda non conseguiu impoñerse a Alex Candeas Bas 62 16 64.
  • No cadro infantil feminino, tivemos dous representantes: Ana Nóvoa Sánchez gañou en primeira rolda a Carlota Corte Arroio 62 16 64 e en segunda non puido superar a Elena Morais Dorantes 61 60; Aranai Martínez Quintana desfíxose en primeira rolda de Nebret Fernández Vergara 63 61 pero en segunda perdeu contra a cabeza de serie número tres, Ana Martínez Vaqueiro 62 62.
  • Álvaro Soneira Boo, no cadro alevín masculino, perdeu 61 63 ante Hugo Tomás García.
  • Alejandro Pardo Moro foi eliminado por Christophe Mercado, en primeira rolda do cadro infantil masculino, cun resultado de 62 62.