Nova
13/11/2023
Federativas

Andrés Pereiro subcampión do J30 Isa Town

O lucense Andrés Pereiro López conseguiu ser finalista do Torneo Internacional Júnior J30 Isa Town de Baréin.

Andrés eliminou ao alemán Elias Kaan Held na primeira rolda 6-2 6-0, a Rushikesh Sonawane da India na segunda 6-3 6-4, en cuartos ao australiano Radu Cojocaru 6-1 6-7(5) 6 - 2 e en semifinais ao británico Josh Hinton 6-2 6-3.

Na final perdeu ante o turco Bora Bakici cun resultado de 2-6 6-2 6-2.

Esta semana Andrés competirá nun novo torneo internacional en Baréin, este de categoría J60. ¡Moita sorte!