Nova
17/10/2023
Federativas

Aranai Martínez campioa de dobres no Internacional de Tenis J30 de Avilés

Aranai Martínez Quintana proclamouse campioa do Torneo Internacional J30 de Avilés.

A xogadora con licenza por Galicia estivo emparellada con Coral Valle, do Club Escuela de Tenis Alcalá.

Aranai e Coral impuxéronse na final cun dobre 6-3 ante as irmás Anna e Mar Cabassers Morros, do Real Club Tenis de Barcelona.

Na proba individual, a cabeza de serie número 4, Sofía Fernandez Figueras de Tenispain, eliminou na primeira rolda a Aranai cun resultado de 7-5 7-5.