Nova
13/10/2020
Federativas

Aranai Martinez Quintana finalista no Tenis Europe de Porto

Gran resultado da xogadora galega con licenza polo Club Ureca, Aranai Martínez Quintana, no Torneo Tenis Europe celebrado do 5 ao 10 de outubro de 2020 en Porto (Portugal).

Aranai conseguiu unha praza na final individual do torneo gañando a Constanca Catalao 60 61 en primeira rolda, a Jessica Para por 75 61 na segunda, a continuación impúxose por 62 64 á cabeza de serie número 6, María Pereira e por último nas semifinais á australiana Jemima Williams- Phillips cun fantástico resultado de 62 64.
 
Na final, non logrou vencer á cabeza de serie número 3, a portuguesa Angelina Voloshchuk, o resultado 64 61.
 
¡Parabéns por este gran resultado Aranai!
 

 Outros resultados de xogadores/as galegos/as neste torneo:

  • Miguel Del Castillo Lampón, do Club Family los Tilos, gañou a Espinheira Santos cun resultado de 75 60 na primeira rolda e non logrou superar a T. Michalowski nos oitavos.
  • Naiara Martínez Quintana non logrou superar a primeira rolda caendo ante Teresa Poppe 64 62.