Nova
24/03/2021
Federativas

Aranai Martínez Quintana subcampioa do Marca de Sevilla

A xogadora, con licenza de Ureca, Aranai Martínez Quintana, conseguiu ser subcampioa infantil na proba do Circuíto Marca que se celebrou no CTT Blas Infante, coa participación dun gran número de xogadores/as galegos/as.

Aranai comezou de cabeza de serie número 4 no cadro, gañou 6-3 6-0 na segunda ronda contra A. Ajenjo Gómez, despois en cuartos de final eliminou a A. Benedito Cañelas cun resultado de 6-3 6-4 e nas semifinais foi brillante, endosándolle un 6-2 6-3 á número dous da cadro, S. Calvo Romero.

Na final cedeu ante Meritxel Teixidó García por 7-6 6-4.

Parabéns Aranai!

A próxima cita do circuíto terá lugar no Centro de Tenis de Valencia do 29 de marzo ao 4 de abril.