Nova
09/09/2025
Federativas

Bo resultado para Tomás Currás no M15 en Madrid

Semifinais para Tomás Currás Abasolo no Torneo Internacional M15 de Madrid, celebrado do 1 ao 7 de setembro.

Tomás eliminou a Sergio Planella Hernández do cadro principal na primeira rolda por 6-1 3-6 6-4, a Sergi Fita Juan na segunda rolda por 7-5 7-6(5) e a Diego Augusto Barreto Sánchez nos cuartos de final por 6-3 6-1.

Nas semifinais perdeu contra o arxentino e posterior gañador do torneo, Julio César Porras, cun marcador de 3-6, 6-4 e 6-7(1).

Nos dobres, Tomás formou parella con Mikel Martínez, perderon nos cuartos de final contra os subcampións Pavel Petrov e Pedro Rodenas, cun resultado de 6-2 3-6 10-2.