Nova
07/11/2022
Federativas

Bos resultados dos galegos no MT700 de Gandía

O xogador lucense do Club Deportivo D10, Gonzalo González González, logrou chegar ás semifinais de +55, Eduardo Serrano Narvaez do Club Tenis Coruña chegou ás semifinais de +45 e Nilo Rubén Pérez Calo do Club Tenis A Tobeira chegou aos cuartos de final +65 do Torneo Internacional Senior MT700 organizado polo Club de Tenis Gandía.

Gonzalo González eliminou a Carlos Fernández Benique (ESP) (6-1 6-2), a José Carlos Bonet Vallribera (ESP) (6-0 6-0) e a Jan Hedman (SWE) (6-1 6-1). En semifinais, comezou gañando o primeiro set, pero afectado por un virus estomacal, perdeu forzas no encontro para acabar perdendo 1-6 6-4 6-1 ante Javier Linares Corral.

Eduardo Serrano eliminou en cuartos ao francés Eric Le Ven (7-6(5) 6-3) e en semifinais perdeu ante Per Nordstrom (SWE), xogador número 1 do cadro (6-2 3-6 6-0).

Nilo Rubén Pérez Calo, na categoría +65, venceu a Christian Wegner (GER) (6-4 6-1) e a Antonio Ferragut Ramis (ESP) (7-6(5) 6-4). Serge Gresy (FRA) eliminouno en cuartos de final cun resultado de 7-6(5) 6-2.

¡Parabéns aos tres!