Nova
27/06/2021
Federativas

Bos resultados para Martín De la Puente no Sardinia Open International

Martín De la Puente acadou grandes resultados no Sardinia Open International celebrado do 22 ao 26 de xuño en Alguer, Italia.

 

Na proba individual, Martín gañou a Nico Langmann (AUT) por 6-1 7-5 e a Daisuke Arai (JPN) por 6-4 4-6 6-2. En semifinais non conseguiu superar ao cabeza de serie número 2, o francés Nicolas Peifer 6-1 6-2

Nos dobres, Martín logrou ser finalista con Daniel Caverzaschi. Gañaron a Francisco García Vena (ESP) / Casey Ratzlaff (USA) por 7-5 6-1 e a Frederic Cattaneo (FRA) / Gaetan Menguy (FRA) cun resultado de 6-1 6-1.

Na final non conseguiron vencer ao francés Stephane Houdet / Nicolas Peifer por 6-3 6-3.