Nova
20/06/2021
Federativas

Bouzas subcampioa individual e Cerviño subcampioa de dobres no ITF Ciudad de la Raqueta

Dúas galegas no podio do Torneo Internacional Ciudad de la Raqueta, por unha banda Jessica Bouzas logrou ser subcampioa individual e por outra, Celia Cerviño logrou ser subcampioa en dobres.

Jessica gañou a Laura Pigossi (BRA) na primeira rolda por 6-2 1-0 Ret. e na segunda remontou o seu partido contra Yvonne Cavalle-Reimers (ESP) 5-7 7-6 (6) 6-4. En cuartos de final desfíxose da rusa Ekaterina Yashina cun resultado de 6-3 7-5 e nas semifinais de Andrea Lázaro García 6-2 3-1 Ret.

Na final, non conseguiu superar á francesa Amandine Hesse (FRA), o resultado 6-4 7-5.

Celia non conseguiu superar a primeira rolda do cadro individual, Anastasia Kulikova (FIN) eliminouna cun resultado de 6-4 6-3, pero no cadro de dobres, emparellando con Yvonne Cavalle-Reimers, conseguiu chegar á final.

Na primeira rolda eliminaron á cabeza de serie número 4, Ekaterina Yashina (RUS) / Noelia Zeballos (BOL) 6-3 6-2, nos cuartos de final non se presentaron as suas rivais e nas semis gañaron a Lina Glushko (ISR) / Warona Mdlulwa (RSA) 6-1 4-6 [10-6]. Na final, non conseguiron vencer a Ashley Lahey (USA) / Olivia Tjandramulia (AUS) por 6-2 4-6 [10-8].