Nova
04/11/2019
Institucionais

Campionato de España de Enduro, Lalín, Pontevedra, última proba

Movete Na Moto unha vez máis organizou unha competición excepcional onde se decidían os títulos do CEE 2019

Os heroes de cada categoría

En E1 Josep García pelexou ata o último momento con Kirian Mirabet, que tiña que conformase coa segunda praza final do campionato por diante de Marc Sans. Victor Guerrero, que brillou en Lalín, quedaba fóra do podio do campionato.

En E2 Cristóbal Guerrero demostraba que a experiencia é un grao e o mesmo sábado proclamábase campión. Era o máis rápido en carreira asinando un magnífico dobrete, iso si presionado en todo momento por Jaume Betriu. Na clasificación final de tempada Tosha Schareina era segundo seguido de Miguel de la Rosa.

En E3 coroábase Enric Francisco, que sacaba forzas de fraqueza para acabar os dous días e non perder o seu título. O xigante de KTM chegaba moi tocado da súa caída en Francia e tivo que ceder posicións de cabeza. Ramón Quer levaba o cómputo dos dous días, pero tiña que conformarse coa segunda posición final. Bernat Cortés non subía ao caixón en Lalín pero si levaba a medalla de bronce.

Fin de festa

A guinda ao campionato púxoa a gala de final de tempada, que se celebrou nada máis acabar o podio de carreira. Alí os tres primeiros pilotos de categoría recolleron os seus diplomas e medallas como recoñecemento ao seu talento e esforzo.