Nova
11/07/2022
Federativas

Campionato de España MAPFRE de Tenis Junior por Equipos 2022

Rematou o Campionato de España MAPFRE de Tenis Júnior por Equipos 2022 no Real Zaragoza Club de Tenis. Publicamos os resultados dos equipos galegos que participaron destacando que o equipo masculino de Ureca foi campión de consolación.

Equipos masculinos:

Real Club Tenis Coruña

  1. Yeray Quian Darriba
  2. Alejandro Vizoso Ansedes
  3. Alejandro Pardo Moro
  4. Enzo Cota Vavrina
  5. Lucas Maceiras Balado

Ureca

  1. Izan Díaz Estévez
  2. Nicolás Ballesteros Cabezas
  3. Rodrigo Pérez Crespo
  4. Daniel García Suárez
  5. Hugo Álvarez González
  6. Pablo Rodríguez González
  7. Alejandro Gesteiro García

Resultados:

Os dous equipos masculinos perderon na primeira volta do campionato, o Real Club Tenis Coruña caeu ante o Campus Tenis Granada e Ureca ante o Club Deportivo Sportocio.

Na consolación, os xogadores do Ureca conseguiron ser campións.

Na primeira rolda o Real Club Tenis Coruña pasou por Bye e o Ureca venceu por 3-2 ao Real Club de Murcia de Tenis. A continuación enfrontáronse os dous equipos galegos e a vitoria foi para o Ureca por 3-2. En semifinais, os de Nigrán eliminaron a Asociación de Tenis El Limonar cun resultado de 3-1 e finalmente venceron aos do Real Zaragoza Club de Tenis, o resultado 3-2. !! Parabéns!!

Equipos femininos:

Real Club Tenis Coruña

  1. Eva Álvarez Sande
  2. Paula Casares Abeijón
  3. Sara Martínez Sanmartín

Ureca

  1. Ana Nóvoa Sánchez
  2. Lucía Rodríguez García
  3. Victoria Lorenzo Alonso

Resultados:

O equipo feminino de Ureca venceu na primeira volta a ICUE, pero foi eliminado na segunda contra as xogadoras do Club Tenis Valencia, cabezas de serie número 1.

O equipo feminino do Real Club Tenis Coruña perdeu o seu primeiro encontro ante o RS Club de Campo e na consolación logrou pasar a semifinais eliminando por 3-1 ao AD Oberena e ao Club de Tenis Albox por 3-1. As xogadoras do CT Torrevieja eliminaron ás coruñesas nas semis cun resultado de 3-1.