Nova
14/11/2022
Federativas

Celia Cerviño Campioa de España co CD Stadium Casablanca

A galega Celia Cerviño Ruiz conseguiu proclamarse campioa de España Absoluta Feminina de tenis por Equipos co Club Deportivo Stadium Casablanca de Zaragoza.

O Campionato de España MAPFRE de Tenis Absoluto por Equipos Femininos de 1ª Categoría – Copa Orange, celebrouse do 1 ao 9 de novembro no Real Murcia Tenis Club 1919.

O título decidiuse no súper tie-break do último punto de dobres coa vitoria de Andreea Amalia Rosca e Ioana Loredana Rosca sobre Ángela Fita e Leyre Romero por 6-7(3) 6-1 [10-7].

Nos partidos individuais, Andreea Amalia Rosca e Irene Burillo do CD Stadium Casablanca venceron a Ángela Fita 6-1 4-6 6-1 e Leyre Romero 6-1 6-4 e as valencianas Claudia Hoste e Lucía Cortez derrotaron a Celia Cerviño por 7-6(5) 6-2 e Ioana Loredana Rosca 6-4 6-1 respectivamente.

¡Parabéns!

Ligazóns