Celia Cerviño conquista o título de dobres do W75 Vitoria-Gasteiz
A tenista galega Celia Cerviño Ruíz coroouse campioa de dobres no W75 Vitoria-Gazteiz, un torneo do circuíto internacional ITF celebrado do 13 ao 19 de xullo na capital alavesa.
Facendo parella con Alba Rey García, Celia tivo unha semana de competición brillante, superando rivais de alto nivel para gañar o título.
O seu camiño cara ao campionato comezou cunha vitoria na primeira rolda contra Liv Boulard (Francia) e Olivia Gram (Dinamarca) por 6-4 e 7-5. Nos cuartos de final, lograron unha das maiores sorpresas do torneo ao eliminar ás cabezas de serie, Katarina Kuzmova (Eslovaquia) e Justina Mikulskyte (Lituania), por 7-5, 4-6 e 10-2.
Nas semifinais, a parella española venceu a Anastasiya Kuparev (Alemaña) e Sevil Yuldasheva (Uzbekistán) por 6-2 e 7-5, asegurándose así a súa praza na gran final.
No partido decisivo, Cerviño e Rey confirmaron a súa excelente forma ao derrotar á parella española Carmen Gallardo Guevara e Eugenia Zozaya Menéndez por 6-4 e 7-6(6), gañando así o título de dobres do torneo.
Na competición individual, Celia quedou ás portas do cadro principal tras caer na última rolda da fase clasificatoria contra a francesa Liv Boulard por 3-6, 7-5 e 6-2, tras un partido moi igualado.
Parabéns, Celia, por este novo título internacional!