Celia Cerviño consegue bos resultados no Internacional Lousada Indoor Open
Celia Cerviño Ruiz conseguiu chegar aos cuartos de final do Torneo Internacional Lousada Indoor Open $15.000, en Lousada (Portugal).
A galega eliminou en primeira rolda á quinta cabeza de serie, a xaponesa Yuriko Lily Miyazaki cun resultado de 63 61.
A continuación, en segunda rolda, impúxose á suíza Tess Sugnaux cun resultado de 76(6) 60.
Nos cuartos, comezou gañando o primeiro set á holandesa Arianne Hartono, pero finalmente caeu cun resultado de 67(4) 63 61.
No cadro de dobres, Celia fomando parella coa alemá Silvia Ambrosio conseguiu chegar ás semifinais, gañando en primeira rolda ás cabezas de serie número 1, Francisca Jorge / Olga Parrés e avanzando de cuartos a semis por walkover de Lucía Bronzetti e Stephanie Visscher.
Un apertado resultado en semis, contra Claudia Giovine / Angelica Moratelli, deixounas fóra da final 57 76(7) [10-7] .