Nova
09/05/2022
Federativas

Celia Cerviño subcampioa de dobres do W25 Tossa de Mar

Celia Cerviño sumou a semana pasada un novo título de dobres ao seu palmarés. Conseguiu ser subcampioa de dobres do Torneo Internacional Pola Giverola, W25+H Tossa de Mar.

Celia e Yvonne Cavalle-Reimers, partían de segundas cabezas de serie no cadro de dobres e tras pasar as dúas primeiras roldas por walkover das súas rivais, venceron nas semifinais a Leonie Kung (SUI) e Darja Semenistaja (LAT) cun resultado de 6-4 6-3.

Na final caeron ante as favoritas do cadro, Marina Bassols Ribera (ESP) e Ioana Loredana Rosca (ROU).

Na proba individual, a italiana Giulia Gatto Monticone, cabeza de serie número dous do cadro, eliminou a Celia na primeira rolda cun dobre 6-3.

Esta semana Celia participará no W100+H La Bisbal D´Emporda, ¡moita sorte!