1ª Proba Circuíto Lintel Head Tour25
Praza Maior de Celanova
22-23 de febreiro de 2025
A Federación Galega de Tenis anuncia a posta en marcha do Circuíto Pickleball Lintel Head Tour25, unha competición que percorrerá diversas localidades galegas ao longo de 2025 e que reunirá aos mellores xogadores.
Este circuíto constará de seis probas clasificatorias, ademais do MÁSTER final para os xogadores mellor clasificados.
Como medida de promoción, aqueles xogadores que obteñan a súa primeira licenza terán 2 inscricións gratuítas para a primeira ou segunda proba do circuíto.
Praza Maior de Celanova
22-23 de febreiro de 2025
INEF Galicia
22-23 de marzo de 2025
FEXDEGA
26-27 de abril de 2025
Club Pickleball Pontevedra
17-18 de maio de 2025
Santiago en Vivo
7-8 de xuño de 2025
Club Picklepoint Ferrol
27-28 de setembro de 2025
Mercantil de Vigo
1-2 de novembro de 2025
O circuíto disputarase nas seguintes categorías:
Os torneos disputaranse en diferentes formatos dependendo das inscricións.
A puntuación variará segundo a rolda e a categoría, acumulándose para o ranking do circuíto.
Os mellores xogadores do ranking serán convidados ao MÁSTER final, onde se entregarán premios en material deportivo.
A inscrición estará aberta na páxina web da Federación Galega de Tenis (www.fgtenis.net). Requírese licenza federativa activa.
¡Non perdas a oportunidade de formar parte do evento de Pickleball máis importante de Galicia!