Clara Arambillet e Nicolas Bellas, campioa cadete e subcampión do Warriors Tour Coruña 2023
O pasado domingo 16 de xullo rematou o torneo A Coruña Warriors Tour disputado nas instalacións do REAL CLUB TENIS CORUÑA. As mellores raquetas nacionais reunidas na cidade galega divididas nas súas catro categorías, benjamín, alevín, infantil e cadete.
Moitas foron os xogadores/as galegos que participaron neste circuíto nacional, destacamos a participación de Clara Arambillet que se proclamou campioa cadete, tras vencer en cuartos a Alexia Brime por 6-2 6-0, en semifinais a María Gajetepor 6-2 6-2 e na final venceu a Daniela Fernández por 6-4 3-6 (10-6).
A xogadora Blanca Tillo, caeu en semifinais ante Daniela Fernández por 6-3 6-3
No cadro masculino, Nicolás Bellas conseguiu o título de subcampión cadete tras vencer en oitavos de final a Raúl Sánchez por 6-1 6-4, en cuartos a Juan Dueñas por 6-1 6-1, en semifinais enfrontouse ao xogador galego Yeray Quian, número 1 do sorteo, ao que venceu por 6-3 4-6 (10-7), na semifinal cedeu ante Máximo López por 7-5 6-4
Miguel del Castillo Lampon tamén logrou acceder aos cuartos de final nos que caeu ante o campión da categoría Máximo López por 6-2 6-1.
Cadro de Honra
Benxamín
- Campioa Benxamín – Fabiola Prause
- Finalista Benxamín – María Marín
- Campión Benxamín – Nicolás Aguirre
- Finalista Benxamín – Marcos Gómez
Alevín
- Campioa Alevín – Edurne Tortajada
- Finalista Alevín – Elisa Cristina García
- Campión Alevín – Agustín Feltham
- Finalista Alevín – Iván Hernández
Infantil
- Campioa Infantil – Adriana Calvo
- Finalista Infantil – Sofia Baciu
- Campión Infantil – Álvaro García
- Finalista Infantil – Jose María Rodríguez
Cadete
- Campioa Cadete – Clara Arambillet
- Finalista Cadete – Daniela Fernández
- Campión Cadete – Máximo López
- Finalista Cadete – Nicolas Bellas
Parabéns a todos os xogadores galegos