Concentración de Veteranas 2023
Os días 10 e 11 de xuño de 2023 celebrouse no Club Santo Domingo a tradicional reunión anual de veteranas.
Crónica de Teresa Castro:
Un ano máis, esta fin de semana celebramos a festa do tenis de veteranas galegas.
Este ano 2023 batuse un récord de participación con 51 xogadoras, coa presenza habitual de xogadoras portuguesas e tamén, por primeira vez, cunha representación de xogadoras madrileñas.
O lugar elixido este ano foi o Santo Domingo Club que tan estupendamente nos recibiu abrindo as portas de todas as súas instalacións.
A festa prolongouse dende a tarde do venres coa recepción dos participantes, baño nas termas de Outariz e posterior cea, o sábado con múltiples partidos de dobres, cea e baile no propio club e rematou o domingo coas finais de tenis pola mañá, xantar no club e por último un paseo en catamarán polos canóns do Sil.
Agradecemos ao Club Santo Domingo a súa enorme hospitalidade, á Federación Galega de Tenis o seu apoio e, por suposto, ás organizadoras Inma Rafael e Mª José Valdés, que tan ben o levaron a cabo a pesar das dificultades propias da gran participación.
Xogadoras galegas que participaron no encontro:
- Clementina Abalde Comesaña (Club Tenis Nigrán)
- Lara González Vilariño (Club Tenis Gondomar)
- Ana Prejigueiro Santas (Club Tenis Gondomar)
- María Teresa Castro Jorreto (Club Tenis Nigrán)
- Mónica López Gregorio (Club Tenis Gondomar)
- Conchita Villacieros Aranguen (Real Club Náutico de Vigo)
- Sofía González De la Cuesta (Real Club Náutico de Vigo)
- María José Ares Veloso (Club Tenis Gondomar)
- Alicia González De la Cuesta (Real Club Náutico de Vigo)
- Ángela Pazos Comesaña (Club Tenis Nigrán)
- María Jose Arellano Segade (Club de Tenis Redondela)
- María Jesús Fernandez Bascuas (Club de Tenis Recreación Cultural)
- Carmen García Rodríguez (Samil)
- Patricia Rodríguez Domínguez (Club de Tenis Redondela)
- Susana Varela Vila (Club de Tenis Redondela)
- María Francelina Crespo Méndez (Redondela Tennis Club)
- Mónica Vilarelle Lopez (Club de Tenis Recreo Cultural)
- Cristina Martínez de la Luna (Escola de Tenis Marineda)
- Olaya Oubiña Rial (Gondomar Tenis Club)
- Natalia González De La Cuesta (Real Club Náutico de Vigo)
- Inmaculada Rafael Ramos (Club Tenis Santo Domingo)
- Ana María Pascual Hermida (Club Tenis Gondomar)
- María José Valdés Méndez (Club Tenis Santo Domingo)
- Mónica Carballo Míguez (Club de Tenis Recreación Cultural)
- Ana Suarez Fernández (Los Tilos Family Club)
- Vera Graña Iglesias (Club de Tenis A Tobeira)
- Agustina Gonzalez Santos (Boiromar Tennis Club)