Nova
26/05/2026
Federativas

Concentración de Veteranas 2026

A pasada fin de semana (23-24 de maio de 05) celebrouse a Concentración Anual de Veteranas nas magníficas instalacións deportivas de Lousada.

Xogadoras galegas, portuguesas e madrileñas compartiron deporte, camaradería e unha convivencia excepcional nun ambiente inmellorable.

As condicións foron perfectas durante toda a fin de semana, o que permitiu que todas disfrutasen plenamente tanto dentro como fóra da pista. Houbo tenis de alto nivel, partidos axustados e moitos puntos espectaculares, pero sobre todo, destacaron o respecto, a deportividade e a amizade entre todas as participantes.

A experiencia en Lousada deixou unha marabillosa lembranza entre todas as asistentes, que xa agardan con impaciencia a próxima edición desta xuntanza que ano tras ano segue crecendo e consolidándose como unha auténtica celebración do tenis feminino.