Nova
18/11/2019
Federativas

Convocatoria Curso de Técnico Nivel 1 de Tenis

A Federación Galega de Tenis abre o prazo de inscrición para o Curso de técnico nivel 1 de Tenis con validez académica.
 

Ábrese o prazo para inscribirse no Curso de Técnico de Nivel 1 (promoción 9)

Información relevante: 

  • A data límite para realizar a inscrición é o 27/11/2019. 
  • A sede de decidirá en función das inscricións recibidas.

O curso consta de 3 Bloques:

  • Bloque Común. (Independente).
  • Bloque Específico (Federación Galega de Tenis).
  • Bloque de Prácticas. (Federación Galega de Tenis).

Para acceder ao curso é necesario superar unha proba de capacitación en base á seguinte regulamentación:

O curso oficial, autorizado pola xunta de Galicia e polo Consello Superior de Deportes.

O custo total do  bloque específico é de 650€. O ingreso realizarase no seguinte número de conta: 

  • ES83 2080 5527 05 3040000936. Concepto: Nomee Apelidos TN1.

Prazas limitadas, establecendo os seguintes criterios de acceso: 

  • Superar a proba de capacitación
  • Orde de inscrición

A Federación Galega de Tenis encárgase de organizar o Bloque Específico e o Bloque de Prácticas.

O bloque común é independente, isto quere dicir que os alumnos deberán presentalo para a obtención do título (non está incluído na convocatoria). Existe unha academia en Ourense (SAFE) que organiza os bloques comúns, pero o alumno poderá elixir a que prefira, por último aqueles que xa posúan o bloque común de nivel 1 non terán que volver realizalo, xa que é válido para todas as disciplinas deportivas. 

 

Na seguinte ligazón pódese acceder á convocatoria:

Convocatoria curso nivel 1 de tenis.  Promoción 9