Nova
09/03/2017
Federativas

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DO/DA DIRECTOR/A XERENTE DA FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO

A presente convocatoria ten por obxecto a contratación do/a director/a xerente da Fundación Deporte Galego, como persoal de alta dirección da Fundación.

A contratación do/a director/a xerente como persoal de alta dirección someterase aos principios de mérito e capacidade, entre persoas que reúnan os requisitos de solvencia académica, profesional, técnica e científica previstos nesta convocatoria, necesarios para o desenvolvemento das funcións do cargo determinadas nos estatutos da fundación.