A Copa Galicia de Baloncesto en categoría EBA define o seu calendario
– O total da competición terá lugar no mes de setembro, marcando a súa Final para a fin de semana do 23 e 24 de setembro, quedando por determinar o día exacto.
A Federación Galega de Baloncesto comunica o calendario e formato de xogo para a edición 2023 da Copa Galicia EBA.
Os sete equipos galegos de categoría EBA nesta temporada 2023 – 2024 protagonizarán unha Copa que se abrirá coa disputa dunha fase previa na que competirán divididos en dous grupos.
Grupo A: CB Chantada, Bosco Salesianos Ourense e Marín Peixe Galego.
Grupo B: Traumacor Culleredo, Obradoiro Ames, Estudiantes Río de Galicia e Calvo Basket Xiria.
Nesta rolda, veranse as caras en sistema de liga a unha volta por grupo, clasificándose para a final o campión de cada un deles.
Os enfrontamentos estipulados para esta frase previa, con datas xa marcadas pero que poden variar lixeiramente en función da dispoñibilidade de cada equipo; son os seguintes:
1ª Xornada – 10/09/23
Bosco Salesianos Ourense – CB Chantada
Estudiantes Río de Galicia – Traumacor Culleredo
Calvo Basket Xiria – Obradoiro Ames
2ª Xornada – 13/09/23
Marín Peixe Galego – Bosco Salesianos
Calvo Basket Xiria – Traumacor Culleredo
Obradoiro Ames – Estudiantes Río de Galicia
3ª Xornada – 17/09/23
CB Chantada – Marín Peixe Galego
Estudiantes Río de Galicia – Calvo Basket Xiria
Traumacor Culleredo – Obradoiro Ames
Final
A final celebrarase na fin de semana do 23 e 24 de setembro, quedando por determinar o día exacto e cal será a súa sede.