Copa Xunta de Galicia de Pickleball 2025
O recinto feiral de IFEVI acolleu o 19 de xullo, a Copa Xunta de Galicia de Pickleball 2025, un evento que reuniu a ducias de deportistas federados nunha intensa xornada de competición organizada pola Federación Galega de Tenis en colaboración coa Xunta de Galicia e diversas entidades do sector deportivo.
A competición, que se desenvolveu durante un só día, incluíu probas individuais, dobres e dobres mixtos en diversas divisións e categorías, destacando a gran participación e a variedade de perfís, desde veteranos ata novas promesas.
No campionato individual masculino, Manuel Fernández Docampo coroouse campión tras derrotar na final a Manuel Expósito Fernández, mentres que Roberto Reissmann Pereira quedou terceiro. Na segunda división impúxose Pablo Durán García, seguido de Manuel Guerpe e Luis Herránz Mata.
Na competición individual feminina, Iria Sampedro Araujo levou o título, con Andrea Guede Estévez completando o podio como subcampioa e Raquel Guede Estévez en terceiro lugar.
Na categoría de dobres masculino, o dúo formado por Óscar Filgueiras López e Manuel Fernández Docampo levouse a vitoria ao vencer na final a Hugo Nogueira Rodríguez e Mateo Moreno Sampedro, mentres que Francisco Yáñez Brea e Rafael Pazos García quedaron terceiros. Na segunda división impuxéronse Adrián Romarís Cambeiro e Rubén Seijo Val, acompañados no podio polas parellas Camiña/García e Couso/Ferreiro.
O dobres feminino absoluto gañouno Raquel e Andrea Guede Estévez, seguidas de Calvo/Taboada e Sestelo/Sampedro. Na segunda división impuxéronse Sara Yáñez Maceira e Alba Beceiro Matilla, por diante de Vieites/Jeréz e Fernández/Pazos.
En dobres mixtos, Mateo Moreno Sampedro e Iria Sampedro Araujo levaron o ouro, por diante de Rafael e María del Pilar Pazos García, e Manuel Expósito Fernández e Claudia Calvo Couselo. Na segunda división venceron José Mosquera Casero e Elsa Corral Hidalgo, segundos Couto e Vieites e terceiros Seijo e Abeijón.
Tamén se celebrou a proba de dobres +50, onde os vencedores foron Luis Herránz Mata e José Carlos Diéguez Constenla, con Fernández/ Rodríguez e Moreno/Domínguez completando o podio.
A Copa Xunta concluíu cunha cerimonia de entrega de premios que recoñeceu con medallas aos campións, finalistas e terceiros clasificados. Unha xornada que confirmou o auxe do pickleball en Galicia e o compromiso institucional co seu desenvolvemento como deporte emerxente no panorama federado galego.