Nova
02/11/2020
Federativas

Cuartos para Jessica Bouzas no Torneo Internacional Platja d´Aro

Jessica Bouzas Maneiro logrou un bo resultado no Torneo Internacional Platja d´Aro 15.000$, celebrado en Girona.

Jessica comezou o torneo gañando á terceira cabeza de serie, a francesa Alice Rame 61 16 61 e a continuación conseguiu praza nos cuartos de final superando a Celia Belle Mohr, tamén francesa, cun resultado de 61 62.

A galega comezou levándose o primeiro set dos cuartos de final contra Marta Custic, que finalmente gañaba o encontro cun resultado de 57 64 62.