Nova
11/03/2025
Federativas
Cuartos para Tomás Currás no M25 Quinta do Lago
Gran torneo de Tomás Currás no Quinta do Lago de Portugal. Tras pasar a fase de clasificación do torneo, conseguiu eliminar ao segundo cabeza de serie do cuadro principal e chegou aos cuartos de final.
Tomás superou a fase de clasificación do torneo eliminando aos xogadores portugueses Joao Graca (6-4 7-5) e André Rodeia (6-2 6-0).
Na primeira rolda do cadro principal derrotou ao francés Robin Bertrand, cabeza de serie número 2 do torneo, cun resultado de 6-4 7-6(4). Despois gañou a Martin Krumich (CZE) nun partido moi igualado por 6-7(5) 6-4 6-4.
En cuartos de final perdeu por 6-4 e 7-5 ante Gabi Adrian Boitan (ROU).